Arquivos mensuais: Maio 2016

ALUMNOS TITULADOS BACHARELATO. (PAU 2016, Taxas,Certificados, Título,…)

–ALUMNOS BACHARELATO QUE VAN AS PAU 2016

  1. Deben pasar polo Departamento de Orientación para recoller as taxas para o depósito do título de Bacharelato e da matrícula das PAU (selectividade). Tamén se lles fará entregra da prematrícula onde o alumno marcará as materias das que quere examinarse. Este ano todos os avisos serán realizados mediante e-mail polo que os alumnos deberán indicar en secretaría á súa dirección de correo electrónico.
  2. Unha vez aboadas as taxas e coa prematrícula cuberta deben pasar pola Secretaría do 23 ao 26 de maio (ambos incluídos) para entregalas xunto con dúas copias do DNI.
  3. O día 27 de maio, de 10:00  a  12:00 da mañá, deberán pasar de novo pola Secretaría para revisar os datos contidos na súa matrícula, xa que as 13:00 horas de ese mesmo día, levarase toda a documentación ao LERD para a inscripción nas probas.
  4. O día 1 de xuño a partir das 12:00 horas, pasarán pola Secretaría para recoller a súa certificación académica, CELGA 4 de se-lo caso, a súa matrícula nas PAU, así como o calendario das probas e demais pasos a seguir (data de publicación das cualificacións, datas dos posibles recursos…etc).

 

–ALUMNOS BACHARELATO QUE NON VAN AS PAU

Pasarán pola Secretaría do 6 de xuño en diante, para recoller a taxa para o depósito do título de Bacharelato. Unha vez aboadas as taxas, terán que aportar o resgardo e dous días despois recollerán a súa certificación académica e CELGA 4 de se-lo caso.

–IMPORTE DAS TAXAS:

Título de Bacharelato: 49,82 euros.

Dereitos de exame das PAU: 63,67 euros
* Os alumnos que teñan a condición de familia numerosa, deberán aportar 2 copias do carné de Familia Numerosa en vigor e copia do libro de familia onde apareza o interesado, para aboar a metade do importe das taxas.

A Secretaría

EXAMES 2º BIMESTRE ESA DISTANCIA. Notas, revisión de exames e reclamacións

CARTES INFORMATIVO DE EXAMES

Publicación de notas: Xoves 23 ás 10:00

REVISIÓN DE EXAMES: Luns 27

Quenda de mañá: 10:00 – 11:30

Os alumnos dos grupos de 2º e 4º Presencial collerán os boletíns na conserxería dende as 10:00

Quenda de tarde: 19:00 – 20:30

Os alumnos dos grupos de 2º e 4º Presencial collerán os boletíns na conserxería dende as 19:00

Reclamacións: Luns 27 e martes 28 en horario de Secretaría.

Xefatura de estudos                                             3/VI/2016

ROTEIRO HISTÓRICO-ARTÍSTICO

Para alumnado de 2º e 4º ESA Presencial Mañá, e o GRUPO DE PREPARACIÓN DE ACCESO A CICLOS.

O Departamento de Xeografía e Historia e  o de Actividades Complementarias e Extraescolares do Centro organizan un roteiro histórico-artístico por Pontevedra o vindeiro XOVES 19 de MAIO ás 11:30 horas.

O lugar de inicio do roteiro será a explanada diante do acceso principal da praza de abastos.

 

NOTAS AVALIACIÓN ORDINARIA DE 2º BACHARELATO, REVISIÓN DE EXAMES E RECLAMACIÓNS

QUENDA DA TARDE

Luns, 23-V

  • 11:00h → Publicación das notas na nosa páxina.    VER NOTAS
  • 11:30h ~ 13:00h → Revisión de exames. A alumnado que desexe ver un exame o solicitará na sala de profesores (3º andar)
  • Reclamacións: 24 e 25 de maio en horario de secretaría.

QUENDA DA MAÑÁ

Luns, 23-V

  • 18:30h → Publicación das notas na nosa páxina. VER NOTAS
  • 19:00h ~ 20:30hRevisión de examesA alumnado que desexe ver un exame o solicitará na sala de profesores (3º andar)
  • Reclamacións: 24 e 25 de maio en horario de secretaría.

O Xefe de Estudos                                                                           Pontevedra,  10-V-16