Arquivos mensuais: Marzo 2015

EXAMES PENDENTES DE 1º BACHARELATO

AVISO PARA ALUMNOS CON MATERIAS PENDENTES DE 1º BACHARELATO

O alumnado de 2º de Bacharelato  con materias pendentes de 1º que queira presentarse  ás PAU ten que facer os exames das materias pendentes de 1º os días 28 e 29 de abril no calendario que se establecerá para os mesmos.

Ditos alumnos teñen que anotarse para a realización dos mesmos na listaxe que con dita finalidade estará na conserxería  ata o luns 13 de abril.

Os alumnos que non se anoten non poderán facer os exames.

Aclaracións importantes:

  1. Na modalidade de bacharelato de adultos non é obrigatorio facer estos exames. É decir, un alumno pode optar por facer coas materias pendentes de primeiro o curso completo con todas as avaliacións coma calquer alumno de 1º de bacharelato. Neste caso o alumno terá que esperar a que se faga a avaliación  de 1º e polo tanto terá que esperar a setembro para poder titular e xa non poderá presentarse ás  PAU en xuño.

 2.  Se un alumno se presenta ós exames de pendentes e suspende, xa non poderá facer  nengún exame desa materia ata setembro.

 

Xefatura de estudos                                                                     26-III-15

 

NOTAS EXTRAORDINARIA ESA, REVISIÓN DE EXAMES E RECLAMACIÓNS

As notas estarán dispoñibles na nosa web o xoves 19 dende as 18:30 horas.

O alumnado que desexe ver o seu exame terá que anotarse na conserxería do centro entre o 23 e o 24.

O mércores 25  serán as revisións dos exames solicitadas para o que o xefe de estudos notificará a cada alumno lugar e hora.

As reclamacións poderán presentarse na secretaría do centro os días 26 e 27 no horario da mesma.

Xefatura de estudos                                                                             Pontevedra, 19-II-2015

INFORMACIÓN PROBAS LIBRES SECUNDARIA 2015

Toda a información referente ás Probas Libres de Secundaria 2015 (datas, horarios, documentación, lugar de matrícula,…) pódese ver resumida no seguinte enlace:                             INFORMACIÓN cartel probas libres 2015.

NOTA: Este ano, ademáis de poder realizar a matrícula e o exame nos centros educativos  de PONTEVEDRA,  podedes, se vos é máis cómodo, matricularvos  e facer o exame no IES Armando Cotarelo na cidade de Vilagarcía de Arousa.