Arquivos mensuais: Xaneiro 2015

PRESENTACIÓN ESA 2º CUADRIMESTRE

TODOS OS CURSOS DA ESA E ENSINANZAS NON REGRADAS INICIAN AS CLASES O 9 DE FEBREIRO, SEGUNDO O HORARIO QUE XA PODEDES CONSULTAR VER HORARIO

FAREMOS UNHA PRESENTACIÓN NO SEGUINTE HORARIO:

GRUPOS DA MAÑÁ:

Lugar: Aula 13( 3º andar)

9:30 Reunión cos alumnos que cursaron no 1º cuadrimestre 3º Presencial para explicar os criterios seguidos para formar o único grupo que vamos ter de 4º Presencial da mañá.

Na reunión daremos a listaxe do grupo de 4º Presencial e explicaremos as alternativas que van ter os alumnos que nos teñen praza neste grupo.

10:00: Inicio das clases: Na primera sesión poñeremos o horario do grupo.

 

GRUPOS DA TARDE:

17:30 Inicio de clases. Na primera sesión poñeremos o horario do grupo.

 

PROBAS LIBRES SECUNDARIA 2015: Datas, lugares e documentación.

D.O.G. do 21 de xaneiro de 2015

Data do 1º exame: venres 29 de maio.
Datas para formalizar a matrícula: Do 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
O alumnado que vai realizar os exames en Pontevedra deberá matricularse atendendo á primeira letra do seu primeiro apelido:

– Da letra A á letra F: na EPA Río Lérez
– Da letra G á letra O: no IES Frei Martín Sarmiento
– Da letra P á letra Z: no IES Sánchez Cantón

• Documentación a presentar:
– 1.- Impreso solicitude matrícula, Anexo I.
– 2.- Fotocopia do DNI, Pasaporte ou documentación equivalente
-3.- Copia cotexadas, se procede, dos certificados dos ámbitos superados noutras convocatorias ou certificación académica das materias superadas.

O secretario

DATAS PROBAS LIBRES GRADUADO EDUCACIÓN SECUNDARIA 2015

A Consellería de Educación informa na súa páxina web que as datas previstas para a celebración das probas para a obtención do título de graduado en secundaria para maiores de dezaoito anos no ano 2015 son:
-Primeira convocatoria:

  •  Exame: 29 de maio
  •  Período de inscrición: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015.

-Segunda convocatoria:

  • Exame: 9 de setembro.
  • Período de inscrición: do 1 ao 10 de xullo de 2015.

   O secretario

NOTAS ORDINARIA ESA, REVISIÓN DE EXAMES E PRAZO DE RECLAMACIÓNS

As notas da avaliación ordinaria estarán a disposición do alumnado dende as 19:30 do mércores 4 de febreiro na nosa web, no enlace

http://www.epapontevedra.com/notas/notas.php

REVISIÓN DE EXAMES PARA ALUMNOS DA ESA:

O alumnado poderá revisar os exames o xoves 5 de febreiro neste horario:

  • Alumnos da quenda da mañá:  De 11:30 a 13:00 horas
  • Alumnos da quenda da tarde: De 19:45 a 21:15 horas

Os profesores estarán na sala de profesores (3º andar) para atender as súas peticións.

PRAZO PARA RECLAMACIÓNS:

O alumnado poderá presentar reclamación por escrito na secretaría do centro os días 5 e 6  de febreiro no horario de atención da mesma.

BOLETÍNS DE NOTAS ESA PRESENCIAL:

Os alumnos dos grupos de presencial terán os boletíns de notas na conserxería do centro o xoves 5 dende as 11:00  para quenda da mañá  e 18:00 horas para quenda da tarde.

 

Xefatura de estudos                                          21-I-2015