Arquivos mensuais: Xuño 2013

PROBAS LIBRES ESO 2013: Cualificacións definitivas e certificacións académicas.

As cualificación definitivas das Probas Libres ESO 2013 correspondentes ao alumnado que realizou os exames no centro EPA Río Lérez, una vez revisadas todas as reclamacións, serán expostas na nosa web e no taboleiro informativo interior a partir do luns 17 de xuño ás 18:00 h.
 
Por outra parte, na secretaría do noso centro estarán dispoñibles, a partir do mércores 19 de xuño, as certificacións académicas de todas as persoas que realizaron a súa matrícula para estas probas no noso centro.

 






1º BACHARELATO: entrega de notas e reclamacións (convocatoria de xuño).

1º BACHARELATO SEMIPRESENCIAL

Os resultados da avaliación final (convocatoria ordinaria de xuño) de 1º Bacharelato poderán consultarse (e imprimirse) na páxina web do centro o martes 25 de xuño a partir das 11:30h. para os alumnos da quenda da mañá e das 18:30h. para os alumnos da quenda de tarde.
Se algún alumno/a quixese ver o exame e/ou falar co profesor/a correspondente sobre calquera aspecto relacionado co resultado da súa avaliación, poderá facelo o mesmo martes 25, entre as 11:30h. e as 13:00h. (para os alumnos da quenda da mañá) e entre as 18:30h e as 20:00h. (para os alumnos da quenda da tarde).

Período de reclamación: días 26 e 27 de xuño (en horario de 9:00h a 14:00h).

ESA: Entrega de notas e reclamacións (convocatoria de xuño)

ESA (PRESENCIAL E SEMIPRESENCIAL)

Os resultados da avaliación final (convocatoria ordinaria de xuño) da ESA, presencial e semipresencial, poderán consultarse (e imprimirse) na páxina web do centro (epapontevedra.com) a partir das 18:00h. do venres 21 de xuño.
Se algún alumno/a quixese ver o exame e/ou falar co profesor/a correspondente sobre calquera aspecto relacionado co resultado da súa avaliación, poderá facelo o martes día 25, entre as 11:30h. e as 13:00h. (para os alumnos da quenda da mañá) e entre as 18:30h e as 20:00h. (para os alumnos da quenda da tarde).

Período de reclamación: días 26 e 27 de xuño (en horario de 9:00h a 14:00h).