Arquivos mensuais: Abril 2013

ESA: entrega de notas (1º bimestre)

O vindeiro mércores 24 de abril estarán dispoñibles, desde as 21:30h., as notas dos cursos da ESA SEMIPRESENCIAL correspondentes ao 1º bimestre (exames realizados os días 17 e 18). Podedes consultalas desde o enlace situado na páxina de inicio da WEB do Centro. Lembrade que tedes que introducir como código identificador o voso DNI (con letra, sen guión), seguido do mes e ano de nacemento (ámbolos dous en formato de dous díxitos, por exemplo: febreiro de 1987 será 0287). No caso de alumnos estranxeiros é necesario o número do pasaporte ou o de matrícula, seguido tamén da data de nacemento.

As notas correspondentes aos cursos da ESA PRESENCIAL serán entregadas na aula polos propios titores

BACHARELATO: CONVOCATORIA PENDENTES DE 1º BACH.(2 e 3 de maio de 2013)

Esta convocatoria non é obrigatoria, senón totalmente opcional. Ten por obxecto adiantar os exames finais (avaliación ordinaria) de 1º de bacharelato a aqueles alumnos de 2º de bacharelato que teñen materias pendentes para que poidan ter a posibilidade de presentarse ás probas de acceso á universidade os días 12, 13 e 14 de xuño. Para o alumnado que non teña intención de presentarse á convocatoria de xuño destas probas de acceso á universidade o máis conveniente sería continuar asistindo ás clases de 1º ata o final do curso e presentarse aos exames de 1º Bac. da 3ª avaliación e/ou finais no mes de xuño.
Todo o alumnado que opte por presentarse a esta convocatoria especial para pendentes de 1º Bach., DEBE COMUNICALO como moi tarde o venres 26 deste mes ao Xefe de Estudos e ao profesor/a da materia á que vaia presentarse.

Nos próximos días daremos a coñecer un calendario de exames elaborado en función das solicitudes recibidas.