Arquivos mensuais: Marzo 2013

PROBAS LIBRES SECUNDARIA 2013: Datas, lugares e documentación.

 

  • Data do exame: venres 31 de maio.
  • Datas para formalizar a matrícula:  Do 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluídos.
O alumnado que vai realizar os exames en Pontevedra deberá matricularse atendendo á primeira letra do seu primeiro apelido:
– Da letra A á letra L: na EPA Río Lérez
– Da letra M á letra Z: no IES Sánchez Cantón
  • Documentación a presentar:
Impreso solicitude matrícula, Anexo I (podédelo atopar na nosa páxina web: sección secretaría – Documentos alumnado)
DNI, Pasaporte ou documentación equivalente
Baixa no centro no que estivese inscrito, de se-lo caso.
Copia cotexadas, se procede, dos certificados dos ámbitos superados noutras convocatorias ou certificación académica das materias superadas.

BACHARELATO: Entrega de notas (2º Trimestre)

As notas de 1º e 2º de BACHARELATO correspondentes ao 2º trimestre estarán dispoñibles o vindeiro mércores 13 de marzo, desde as 20:00h. para os alumnos da quenda da mañá e o xoves 14 de marzo, desde as 13:00h. para os alumnos da quenda da tarde. Podedes consultalas desde o enlace situado na páxina de inicio da WEB do Centro.
Lembrade que tedes que introducir como código identificador o voso DNI (con letra, sen guión), seguido do mes e ano de nacemento (ámbolos dous en formato de dous díxitos, por exemplo: febreiro de 1987 será 0287). No caso de alumnos estranxeiros é necesario o número do pasaporte ou o de matrícula, seguido tamén da data de nacemento.