Arquivos mensuais: Febreiro 2013

BACHARELATO: Exames de coincidencias da 2ª avaliación

Os alumnos aos que lles coincida no mesmo horario un exame de 2º BACH. con outro de 1º BACH, deben facer o exame de 2º no horario establecido e presentarse o venres 8 de marzo, ás 11:30h os da quenda da mañá e ás 16:00h os da quenda da tarde, na aula 12 para facer o exame de 1º BACH no horario previsto para COINCIDENCIAS.
Nese caso É OBRIGATORIO QUE O ALUMNO AVISE AO PROFESOR/A DA MATERIA DE 1º E SE ANOTE NA LISTAXE QUE PARA O EFECTO SE ABRIRÁ NA CONSERXERÍA. O prazo para anotarse rematará o mércores 27 de febreiro a última hora do serán.
ATENCIÓN: Non será admitido a exame ningún alumno/a  que non se anotase previamente no prazo indicado. Só deben anotarse aqueles alumnos que efectivamente vaian facer o exame. Se algún anotado finalmente non se presentase, deberá pasar pola xefatura de estudos para xustificar esa falta.

O xefe de estudos

ESA SEMIPRESENCIAL: Renuncia convocatoria extraordinaria.

 ALUMNOS DE SEMIPRESENCIAL MATRICULADOS NO 1º CUADRIMESTRE E QUE SUSPENDERON ALGÚN ÁMBITO NA CONVOCATORIA ORDINARIA (XANEIRO):
UN ALUMNO MATRICULADO EN ESA SEMIPRESENCIAL NO 1º CUADRIMESTRE QUE NON SUPEROU ALGÚN ÁMBITO NA CONVOCATORIA ORDINARIA DE XANEIRO, PODERÁ MATRICULARSE DE ESE ÁMBITO NO SEGUNDO CUADRIMESTRE SE RENUNCIA Á CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA QUE SE REALIZARÁ O MÉRCORES 15 DE MAIO.
SÓ ASÍ PODERÁ PRESENTARSE ÁS CONVOCATORIAS DO SEGUNDO CUADRIMESTRE (EN XUÑO E EN SETEMBRO).
Nota: os alumnos que desexen renunciar á convocatoria extraordinaria deberán pasar pola secretaría  co resgardo de matrícula ata o 12 de marzo de 2013, en horario de 09:00 a 14:00 h. (martes e xoves tamén de 16.30 a 19:00 horas).
O impreso de renuncia podédelo atopar na sección “documentos alumnado” dentro de “secretaría”.

INICIO DAS CLASES DO 2º CUADRIMESTRE: Horarios

 Os alumnos de  ESA presencial terán a presentación do inicio do 2º cuadrimestre o VENRES 15 DE FEBREIRO co seguinte horario:
  • 2º e    ESA PRESENCIAL MAÑÁ: 10:45 HORAS.
  • 2º e   ESA PRESENCIAL TARDE: 17:30 HORAS.
Os cursos de ESA SEMIPRESENCIAL, ENSINANZAS NON REGRADAS e CURSO PREPARACIÓN ACCESO CICLO GRAO MEDIO non terán presentación, e as súas clases comenzarán o día 18 de febreiro co seu novo horario.

PROBAS LIBRES GRADUADO SECUNDARIA 2013

Xa están convocadas  as probas libres para a obtención do título de graduado en secundaria para maiores de dezaoito anos deste ano 2013 (DOG. 29-01-2013), toda a información das mesmas podédela ver aquí:
 
-Primeira convocatoria: 31 de maio. (Período de inscrición: 2 ao 15 de abril de 2013).
-Segunda convocatoria: 12 de setembro. (Período de inscrición: 1 ao 8 de xullo de 2013).
O alumnado que vai realizar os exames en Pontevedra deberá matricularse atendendo á primeira letra do seu primeiro apelido:
                                   Da letra A á letra L:   na EPA Río Lérez
                                   Da letra M á letra Z:   no IES Sánchez Cantón

Listaxe de alumnos que pasan ao IES San Clemente

En aplicación do artigo 22. e) da circular 5/2012, onde dí:

“Igualmente, a matrícula do alumnado que non se presente á primeira avaliación de ningunha das materias das que estea matriculado trasladarase ao bacharelato con titorías telemáticas”

Todos os alumn@s que se relacionan a continuación atópanse nesta situación, polo que procederemos ao traslado da súa matrícula ao IES San Clemente.

 
1º BACHARELATO
Aneiros Cabalar, Álvaro
Castaño Lago, Alejandro
Castro Fernández, José María
Delgado Aller, Sergio
Estévez Míguens, Rebeca
Fariña Gómez, Miguel Ángel
Filgueira Cons, Simón
González Castro, Carlota
González Martínez, Nerea
González Torres, Rubén
Landín García, Hugo
Laseiras Casal, Irene
Limeres Costas, Alberto
Ogando Muñíz, Andrés
Pazos Osorio, Gerardo
Pazos Sabarís, Antonio Agustín
Portela González, Santiago
Rivas Sanjuan, Jesús
Rodríguez Castellanos, Francisco
Saíz Iniesta, Andrés
Soliño Barros, Marcos
 
2º BACHARELATO
 Aboy Rodríguez, Manuel
Arca Núñez, Sara
Barreiro Rodríguez, Diego
Cores Cacabelos, Vanesa
Chapela Nogueira, María
Fungueiro Estévez, María José
Garay Chantrero, Nicolás
Gómez Tomé, Alexis
Lago Vigil, Patricia
Liriano Cuesta, Darlenys
Manso Acuña, Ainoa
Novegil Iglesias, Luís Miguel
Ogando Pérez, Adrián
Pazos Rodríguez, Adrián
Pinzón Grimaldos, Yesenia
Prada Lareo, Gabriel
Sánchez Cimadevila, José
Varela Roma, Ero Manuel
Ventura Iglesias, Sandra


 

ESA: Entrega de notas e reclamacións.

ESA (PRESENCIAL E  SEMIPRESENCIAL)
Os resultados da avaliación final (convocatoria ordinaria de xaneiro) da ESA poderán consultarse (e imprimirse) na páxina web do centro (www.epapontevedra.com) a partir das 21:00h. do mércores 6 de febreiro.

O xoves 7 de febreiro entre as 17:30h e as 19:00h (para o alumnado da quenda da tarde) e o venres 8 entre as 11:30h e as 13:00h (para o alumnado da quenda da mañá) estará no centro todo o profesorado para atender calquera aclaración sobre os exames ou o resultado da avaliación.

Período de reclamación: días 8 e 14 de febreiro (en horario de 9:00h a 14:00h).