Arquivos mensuais: Novembro 2012

BACHARELATO: Entrega de notas (1º Trimestre)

O vindeiro xoves 20 de decembro estarán dispoñibles, desde as 14:00h., as notas de 1º e 2º de BACHARELATO correspondentes ao 1º trimestre. Podedes consultalas desde o enlace situado na páxina de inicio da WEB do Centro. Lembrade que tedes que introducir como código identificador o voso DNI (con letra, sen guión), seguido do mes e ano de nacemento (ámbolos dous en formato de dous díxitos, por exemplo: febreiro de 1987 será 0287). No caso de alumnos estranxeiros é necesario o número do pasaporte ou o de matrícula, seguido tamén da data de nacemento.

PROCLAMACIÓN CANDIDATOS ELEXIDOS CONSELLO ESCOLAR

Unha vez finalizado o escrutinio dos votos, os representantes dos profesores e alumnos elexidos para formar parte do Consello Escolar son:  

                            ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2012-2013
                        -PROCLAMACIÓN DOS CANDIDATOS ELEXIDOS- 

   SECTOR PROFESORADO                     SECTOR ALUMNADO

    Antón Corderí Rodríguez                           Marta Mª Rego Taboada

    Paloma Martín Gilarranz                            Josimeire Lima Ojeda

  Mª Dolores Fernández Santos

                                                                                 A Xunta Electoral

BACHARELATO: Examen de coincidencias (1ª avaliación)

Os alumnos aos que lles coincida no mesmo horario un exame de 2º BACH. con outro de 1º BACH, deben facer o exame de 2º no horario establecido e presentarse o venres 14 de decembro, ás 11:30h os da quenda da mañá e ás 17:30h os da quenda da tarde, na aula 12 para facer o exame de 1º BACH no horario previsto para COINCIDENCIAS.

Nese caso É OBRIGATORIO QUE O ALUMNO AVISE AO PROFESOR/A DA MATERIA DE 1º E SE ANOTE NA LISTAXE QUE PARA O EFECTO SE ABRIRÁ NA CONSERXERÍA. O prazo para anotarse rematará o mércores 5 de decembro a última hora do serán.

Ningún alumno/a debe presentarse á realización desta proba sen telo advertido con anterioridade, porque estes exames non se poden prever.

                            
                                                                     O xefe de estudos

VOTACIÓNS RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Unha vez rematado o prazo para a presentación das candidaturas de profesores e alumnos, e proclamados éstes (as actas de proclamación dos 16 candidatos de alumnos están colgadas nos diferentes taboleiros do centro), recordade que o vindeiro mércores 28 de novembro será o día da votación. Con tal motivo colocaremos  unha urna na sala de xuntas situada na 3ª planta para que poidades votar no seguinte horario:
        Quenda da mañá: 11:00 h. ata 13:00 h.
        Quenda da tarde:  19:00 h. ata 21:00 h.

ESA: entrega de notas (1º Bimestre)

O vindeiro mércores 21 de novembro estarán dispoñibles, desde as 22:30h., as notas dos cursos da ESA SEMIPRESENCIAL correspondentes ao 1º bimestre. Podedes consultalas desde o enlace situado na páxina de inicio da WEB do Centro. Lembrade que tedes que introducir como código identificador o voso DNI (con letra, sen guión), seguido do mes e ano de nacemento (ámbolos dous en formato de dous díxitos, por exemplo: febreiro de 1987 será 0287). No caso de alumnos estranxeiros é necesario o número do pasaporte ou o de matrícula, seguido tamén da data de nacemento.

As notas correspondentes aos cursos da ESA PRESENCIAL serán entregadas na aula polos propios titores.

PRESENTACIÓN CANDIDATURAS CONSELLO ESCOLAR

Prazo para a presentación de candidaturas ao Consello Escolar.

 

Desde hoxe día 8 ata o próximo 16 de novembro, ambos incluídos, queda aberto o prazo de presentación de candidaturas de todos os sectores da comunidade escolar para ser membro do Consello Escolar de cara á renovación parcial que corresponde neste curso 2012-2013.

De acordo coa lexislación vixente, este curso deben ser renovados 3  membros do profesorado e  2 de alumnado.

Os interesados deben cumprimentar a solicitude na Secretaría do centro no prazo indicado anteriormente.

 O día 21 de novembro proclamaranse os candidatos de cara ás eleccións do  mércores 28 de novembro.

                                             Atentamente.

                                                                   O Director: José Luis Casado Guerra