Arquivos mensuais: Setembro 2012

REUNIÓN CÓS PROFESORES DOS CONCELLOS

O próximo mércores, 19 de setembro, ás 18:00 horas terá lugar a reunión para informar dos contidos, temario, materiais,etc, da ESA SEMIPRESENCIAL para o curso 2012-2013.

A reunión celebrarase na aula 17 situada no 2º andar do noso edificio, ao lado do despacho de xefatura de estudos.

E.S.A.: entrega de notas e reclamacións.(Setembro 2012)

Os resultados da avaliación de setembro (convocatoria extraordinaria) da ESA poderán consultarse (e imprimirse) na páxina web do centro (www.epapontevedra.com)a partir das 12:00 horas do luns 10 de setembro.
Se algún alumno quixese ver o exame e/ou falar co profesor/a correspondente sobre calquera aspecto relacionado co resultado da súa avaliación poderá acudir ao centro dende as 12:00 horas ata as 13:00 horas dese mesmo día .
Se despois de ver o exame e entrevistarse co profesor o alumno mantén o seu desacordo co resultado da avaliación, poderá presentar unha reclamación formal por escrito xustificando os motivos que o levan a reclamar. Este documento débese presentar na secretaría do centro, dirixido á Dirección, (en horario de 9:00h a 14:00h) os días 10, 11 ou 12 de setembro.

EXAMEN PRUEBA DE NIVEL

Informamos que el próximo miércoles 12 de septiembre a las 18:00 horas tendrá lugar la realización del examen de la PRUEBA DE NIVEL para todas las personas matriculadas previamente en nuestra secretaría.
Los alumnos deberán presentarse 10 minutos antes de dicha hora en la secretaría del centro.