Arquivos mensuais: Setembro 2012

BACHARELATO: Presentación e inicio de clases.

A presentación de Bacharelato terá lugar o próximo venres, 28 de setembro no seguinte horario:

* 11:30 h.— Quenda da mañá
* 18:15 h.— Quenda da tarde

O inicio das clases será o luns, 1 de outubro, no horario normal.
Os horarios de 1º e 2º de bacharelato podédelos consultar na sección “Horarios” situada na páxina de inicio da nosa web.

BACHARELATO 2012-13: LISTAXE ADMITIDOS

Unha vez recibidos os datos necesarios da Axencia Estatal e Administración Tributaria, de todos os alumnos que no seu día solicitaron unha praza de bacharelato no noso centro, informamos que a  listaxe de alumnos de bacharelato admitidos para o curso 2012-13 será publicada o próximo mércores, día 26, ás 15:00h
Os alumnos admitidos deberán pasar pola secretaría do centro para formalizar a matrícula (desde o día 27 de setembro ata o 5 de outubro como data máxima).
A presentación do curso 2012-2013 para todos os alumnos de bacharelato admitidos será o venres, día 28 de setembro, en horario todavía non determinado.

PROBAS LIBRES (setembro): Cualificacións provisionais TRIBUNAIS Nº 2 e Nº 3

Xa se poden consultar as notas dos exámes das Probas Libres da ESO (convocatoria de SETEMBRO). O prazo de reclamacións é do 21 ao 24 deste mes de SETEMBRO, en horario de oficina. As notas están no taboeiro de anuncios do Centro e na xanela de documentos da páxina das probas na web da EPA ou nestas ligazóns:

 Tribunal nº 2:
 Tribunal nº 3 (Gaiteiro-Zas)

LISTAXE ADMITIDOS BACHARELATO 2012-2013

Unha vez finalizado o prazo de reserva de prazas do bacharelato semipresencial e feito o reconto de solicitudes presentadas informamos da necesidade de realizar un proceso de baremación.

Seguindo as indicacións do punto 19, apartado d), da circular 5/2012 da Dirección Xeral de Educación para a organización das ensinanzas de bacharelato para persoas adultas os alumnos que obteñen praza en primeiro lugar son os alumnos que cursaron materias no noso centro no anterior curso académico (ESA ou bacharelato), aqueles alumnos con algún tipo de discapacidade que impida ou dificulte a asistencia á modalidade presencial e aqueles alumnos con contrato laboral vixente. Por último, obterían praza no centro aqueles solicitantes con menor renda persoal ou da unidade familiar á que pertenzan.

Á espera de recibir os datos necesarios da Axencia Estatal e Administración Tributaria para poder continuar co proceso desta baremación, e expoñer a lista completa de todos os alumnos admitidos, publicamos unha primeira listaxe dos alumnos xa admitidos por cumplir unha das 3 primeiras condicións de acceso.

Estes alumnos xa admitidos deberán pasar pola secretaria para formalizar a súa matricula desde o día 18 ao 25 de setembro, ambos incluídos. (de 9:00h. a 14:00h).

O resto do alumnado deberá permanecer á espera de rematar o proceso de baremación, xa cos datos da Axencia Estatal e Administración Tributaria, nese momento publicaremos a listaxe co total de alumnos admitidos (este proceso poderá tardar 4 ou 5 días). Calquera novidade será publicada nesta sección da nosa páxina web.

 

PRESENTACIÓN CURSO 2012-2013: ESA, NIVEL I, NIVEL II e INMIGRANTES.

O próximo venres, 21 de setembro, realizaremos a presentación do curso 2012/13 no seguinte horario:

11:00 HORAS–> ESA PRESENCIAL MAÑÁ (1º e 3º)

12:30 HORAS–> ESA SEMIPRESENCIAL MAÑÁ

17:30 HORAS–> ESA PRESENCIAL TARDE (1º e 3º)

18:15 HORAS–> NIVEL I e NIVEL II

18:30 HORAS–> ESA SEMIPRESENCIAL TARDE

18:30 HORAS–> L.C.e G.INMIGRANTES

As clases comenzarán o luns 24, no horario normal.

Os horarios de cada grupo estarán expostos nos taboleiros da zona de conserxería o mesmo venres.