Arquivos mensuais: Abril 2012

ESA SEMIPRESENCIAL e PRESENCIAL: ENTREGA DE NOTAS e RECLAMACIÓNS CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 1º CUADRIMESTRE.


O vindeiro xoves 3 de maio estarán dispoñibles, desde as 19:00h., as notas cos resultados da convocatoria extraordinaria do 1º cuadrimestre dos cursos da ESA SEMIPRESENCIAL e PRESENCIAL, podedes consultalas desde o enlace situado na páxina WEB do centro.
Os alumnos da modalidade  ESA PRESENCIAL poderán recoller os boletíns de notas na conserxería a partir desa mesma hora.
Se algún alumno quixese ver o exame e/ou falar co profesor/a correspondente sobre calquera aspecto relacionado co resultado da súa avaliación deberá solicitalo directamente na conserxería ou ben chamando por teléfono o luns 7 ou o martes 8, indicando nome e apelidos, concello de referencia, nº de teléfono de contacto e especificando con que profesores desexa entrevistarse. Estas solicitudes procurarán resolverse o mércores 9 e o xoves  10 (para o cal contactaríase telefonicamente co interesado).
* Período de reclamación na secretaría do centro: días 10 e 11 de maio (en horario de 9:00h a 14:00h)

TRIBUNAIS PROBAS LIBRES

As persoas matriculadas realizarán as probas no centro no que formalizaron a matrícula.

TRIBUNAL Nº 1  (REALIZAN OS EXAMES No IES Sánchez Cantón)
Persoas matriculadas no IES Sánchez Cantón:
Da letra M ata a letra R
De Magariños Oubiña, Enrique  ata Rufete Nogueira, Pedro (ámbolos dous inclusives)
Presentación: día 27 de abril ás 08:30 horas

TRIBUNAL Nº 2 (REALIZAN OS EXAMES NA EPA Río Lérez)
Persoas matriculadas na EPA Río Lérez:Da letra A  ata a letra F
De Abad Gándara, Juan Carlos ata Franco Torrado, Eric (ámbolos dous inclusives)
Presentación: día 27 de abril ás 08:30 horas
TRIBUNAL Nº 3 (REALIZAN OS EXAMES NA EPA Río Lérez OU NO IES Sánchez Cantón)
·         Persoas matriculadas na EPA Río Lérez (REALIZAN OS EXAMES NA EPA Río Lérez)
          Da letra G ata a letra L
               De Gaiteiro Álvarez, Tamara ata Losada Vidal, Tamara(ámbolos dous inclusives) 
            Presentación: día 27 de abril ás 08:30 horas

 

·         Persoas matriculadas no IES Sánchez Cantón (REALIZAN OS EXAMES No IES Sánchez  Cantón)
Da letra S  ata a letra Z
De Saldaña Ojea, Daniel  ata Zarta Muñoz, Cristhian Andrés(ámbolos dous inclusives)Presentación: día 27 de abril ás 08:30 horas
         

PROBAS LIBRES ESO ABRIL 2012

Este ano a matrícula para a  PROBA LIBRE ESO realizouse en 2 centros educativos de Pontevedra, EPA Río Lérez e IES Sánchez Cantón. Todos os alumnos admitidos farán os exames no centro donde foron matriculados:
               Apelidos dende o A ata o L :   EPA Río Lérez
               Apelidos dende o M ata o Z:   IES Sánchez Cantón
A listaxe provisional de persoas persoas admitidas e excluídas para a realización destas probas correspondentes ao alumnado inscrito no noso centro EPA Río Lérez xa están publicadas no taboleiro principal.
As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de 3 días hábiles para realizar unha reclamación formal (18, 19 e 20 de abril) na secretaría do centro.
Data de realización das probas: 27 de abril.
Horarios:
     Chamamento para o acceso ás probas: 8:30h.
     Exame Ámbito Cientifico-Tecnolóxico: 9:30h. ata 12:30h.
     Exame Ámbito Social: 12:30h. ata 14:00h.
     Exame Ámbito Comunicación: 16:00h. ata 19.45h.

(A partir deste momento todas as novas relacionadas coas probas libres serán publicadas dentro da nova sección da nosa web “PROBAS LIBRES ESO” )

ESA PRESENCIAL e SEMIPRESENCIAL: CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 1º CUADRIMESTRE (25 de abril)


Os exames da modalidade de
ESA SEMIPRESENCIAL correspondentes á convocatoria extraordinaria do 1º cuadrimestre terán lugar o próximo mércores 25 de abril para todos os cursos da ESA (1º, 2º, 3º e 4º) no seguinte horario:

a) 16:00h. a 18:30h. ( ámbito Cient.-tecnolóx. ; ámbito Social )
b) 19:00h. a 21:00h. ( ámbito Comunicación )

Ese mesmo día 25 de abril impartiranse as clases do 2º bimestre de ESA SEMIPRESENCIAL no seu horario habitual (non se suspenden as clases).

Para a modalidade de
ESA PRESENCIAL próximamente será confeccionado (e anunciado nas aulas correspondentes) un calendario de exames para 1º e 3º nas dúas quendas. Estes exames serán realizados desde o luns 23 de abril ata o mércores 2 de maio.

ESA PRESENCIAL e SEMIPRESENCIAL: Entrega de Notas (1º Bimestre)

O vindeiro xoves 19 de abril estarán dispoñibles, desde as 18:00h., as notas dos cursos da ESA SEMIPRESENCIAL correspondentes ao 1º bimestre. Podedes consultalas desde o enlace situado na páxina de inicio da WEB do Centro. Lembrade que tedes que introducir como código identificador o voso DNI (con letra, sen guión), seguido do mes e ano de nacemento (ámbolos dous en formato de dous díxitos, por exemplo: febreiro de 1987 será 0287). No caso de alumnos estranxeiros é necesario o número do pasaporte ou o de matrícula, seguido tamén da data de nacemento.
As notas correspondentes aos cursos da ESA PRESENCIAL serán entregadas na aula polos propios titores.

1º BACHARELATO: CONVOCATORIA ORDINARIA PENDENTES DE 1ºBACH. (3 e 4 de maio de 2012)

CONVOCATORIA ORDINARIA PENDENTES DE 1ºBACH. (3 e 4 de maio de 2012)

Esta convocatoria non é obrigatoria, senón totalmente opcional. Ten por obxecto adiantar os exames finais (avaliación ordinaria) de 1º de bacharelato a aqueles alumnos de 2º de bacharelato que teñen materias pendentes para que poidan ter a posibilidade de presentarse ás probas de acceso á universidade os días 6, 7 e 8 de xuño. Para o alumnado que non teña intención de presentarse á convocatoria de xuño destas probas de acceso á universidade o máis conveniente sería continuar asistindo ás clases de 1º ata o final do curso e presentarse aos exames de 1º Bac. da 3ª avaliación e/ou finais no mes de xuño.
Todo o alumnado que opte por presentarse a esta convocatoria especial para pendentes de 1º Bach., DEBE COMUNICALO como moi tarde o venres 27 deste mes ao Xefe de Estudos e ao profesor/a da materia á que vaia presentarse.

Nos próximos días daremos a coñecer un calendario de exames elaborado en función das solicitudes recibidas.