1º BACHARELATO: ENTREGA DE NOTAS E RECLAMACIÓNS

AVALIACIÓN FINAL (CONVOCATORIA ORDINARIA)



ENTREGA DE NOTAS E RECLAMACIÓNS

Os resultados da avaliación final (convocatoria ordinaria) de 1º de bacharelato poderán consultarse (e imprimirse) na páxina web do centro o luns 25 de xuño a partir das 11:30h (para os alumnos da quenda da mañá) e das 18:30h. (para os alumnos da quenda da tarde).
Se algún alumno/a quixese ver o exame e/ou falar co profesor/a correspondente sobre calquera aspecto relacionado co resultado da súa avaliación, poderá facelo o mesmo luns 25 de xuño entre as 11:30h. e as 13:00h. (para os alumnos da quenda da mañá) e entre as 18:30h e as 20:00h. (para os alumnos da quenda da tarde).
Período de reclamación: días 26 e 27 de xuño (en horario de 9:00h a 14:00h).