1º BACHARELATO: entrega de notas e reclamacións (convocatoria de xuño).

1º BACHARELATO SEMIPRESENCIAL

Os resultados da avaliación final (convocatoria ordinaria de xuño) de 1º Bacharelato poderán consultarse (e imprimirse) na páxina web do centro o martes 25 de xuño a partir das 11:30h. para os alumnos da quenda da mañá e das 18:30h. para os alumnos da quenda de tarde.
Se algún alumno/a quixese ver o exame e/ou falar co profesor/a correspondente sobre calquera aspecto relacionado co resultado da súa avaliación, poderá facelo o mesmo martes 25, entre as 11:30h. e as 13:00h. (para os alumnos da quenda da mañá) e entre as 18:30h e as 20:00h. (para os alumnos da quenda da tarde).

Período de reclamación: días 26 e 27 de xuño (en horario de 9:00h a 14:00h).